APRENDEMOS OS MESES DO ANO

En Ciencias Sociais estamos traballando os meses do ano e por outra banda, temos aberto un proxecto no que coñeceremos Galicia en profundidade cos seus costumes, tradicións, festas… Entón dixemos nós… Por que non investigamos as cousas importantes que pasan en Galicia durante os 12 meses que ten o ano? Así o fixemos, repartímonos o traballo e cada un buscou na casa información sobre un mes concreto. Como nos apareceu moita información interesante, decidimos ampliar territorio e engadir tamén cousas que pasan en España. Aquí vos deixamos o produto da nosa investigación convertido en libro con ilustracións. LIBRO DOS MESES DO ANO 1ºA https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/3En85YECAQcJABR LIBRO DOS MESES DO ANO 1ºB https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/wGSapJffjNyKjzS