Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Saúde

HÁBITOS SAUDABLES

Imaxe
 Nas clases de primeiro, no marco das Ciencias Naturais, falamos dos hábitos saudables, que son as accións que podemos levar a cabo no noso día a día, ou con frecuencia, para ter unha vida sana, tanto no noso corpo como na nosa mente, así como tamén mellorar a vida en sociedade. Aproveitando este traballo, fixemos uns carteis para poñer por todo o colexio, e tratar de concienciar tanto aos nosos compañeiros como aos nosos profesores (e aos pais e nais que veñan de visita) da importancia de cumplir con estes hábitos. Os que eliximos son os seguintes: - Beber abundante auga. - Coidar o planeta. - Durmir. - Facer exercicio físico. - Lavar as mans. - Limitar o uso de pantallas. - Reducir a contaminación acústica. - Ter boa postura. - Ter unha dieta equilibrada. - Xogar. - Lavar os dentes. - Ler.