HÁBITOS SAUDABLES

 Nas clases de primeiro, no marco das Ciencias Naturais, falamos dos hábitos saudables, que son as accións que podemos levar a cabo no noso día a día, ou con frecuencia, para ter unha vida sana, tanto no noso corpo como na nosa mente, así como tamén mellorar a vida en sociedade. Aproveitando este traballo, fixemos uns carteis para poñer por todo o colexio, e tratar de concienciar tanto aos nosos compañeiros como aos nosos profesores (e aos pais e nais que veñan de visita) da importancia de cumplir con estes hábitos. Os que eliximos son os seguintes:

- Beber abundante auga.

- Coidar o planeta.

- Durmir.

- Facer exercicio físico.

- Lavar as mans.

- Limitar o uso de pantallas.

- Reducir a contaminación acústica.

- Ter boa postura.

- Ter unha dieta equilibrada.

- Xogar.

- Lavar os dentes.

- Ler.
















Comentarios

Publicacións populares deste blog

NESTE CURSO NADA É O QUE PARECE…

APRENDEMOS OS MESES DO ANO

AS TRASNADAS DE ANTÍO POLO MAGOSTO