PROXECTO: ANIMALIÑOS 🐞🐣🐢🐋
O alumnado de 2º comezamos o curso co tema dos animais. Para despertar a curiosidade, están investigando sobre un animaliño que lles interese. Grazas a todas as familias por colaborar cos traballos 💚
Imos paseniño avanzando no tema, pero sen pausa. Aproveitamos a traballar lecturas e escrituras con animais de protagonistas (cabaliños de mar, cans, morcegos, polbos...) Escribimos frases e pequenos ditados con esta temática... Mesmo estamos a aprender a debuxar algúns: focas, crocodilos...
Ademais os libriños de lectura nos axudan a continuar inmersos neste tema: O hotel de animais co que coñecimos ás xoaniñas Pepiña e Olivia, e Sherlock Tópez!
En plástica aproveitamos a crear as nosas xoaniñas como as do conto, cabaliños de mar e tamén morcegos para Samaín!
Aquí vos deixamos algunhas ligazóns que vos poden servir para repasar o dado:
Tamén vos deixamos un vídeo en LSE coa temática dos animais. A practicar signos e un chisco de galego!
🐣🐤🐋🐄🐟🐞🐛🐙



Comentarios
Publicar un comentario