Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2025

Visita ao Museo de Pontevedra

Imaxe
 O pasado 14 de marzo os nenos e nenas de primeiro fomos coñecer o Museo de Pontevedra e, en xeral, a que nos contaran que é un museo e, sobre todo, a saber que mirar e como.  O primeiro que hai que ter claro é que no museo hai que cumplir unhas normas moi claras, parecidas ás da biblioteca: non podemos correr, non podemos berrar nin falar alto e, sobre todo, non podemos tocar as obras alí expostas. Porque o que hai nos museos son obras, ás veces obras de arte e noutras ocasións restos doutras épocas que serven para coñecer a Historia e entendela. Vimos diferentes tipos de obras: retablos, que son historias contadas a través de debuxos en diferentes pisos, coma se fose un cómic; esculturas, que son como estatuas (vimos unhas de pedra chulísimas!); retratos, que son pinturas de persoas, ás veces de corpo completo e ás veces son da cara; paisaxes, nos que se pinta un lugar; e mariñas, que son paisaxes nas que se ve algo do mar. Ademais, puidemos practicar nós mesmos a facer retr...

Coñecendo Galicia (1ºA)

Imaxe
 Continuamos co noso estudo sobre Galicia, e logo de coñecer a nosa cidade, tamén tócanos valorar a cantidade de sitios fermosos e dignos de visita que hai en toda Galicia. Fixemos así unha selección de lugares por provincias, que xa aprendemos que estas son A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Fixemos uns carteis para que os nosos compañeiros do colexio tamén os podan coñecer. Os lugares que eliximos son: - A Coruña:               Cabo Fisterra, Cabo Vilán, Cabo Ortegal, Carnota, As Fragas do Eume, Ézaro, a Catedral de Santiago, a Torre de Hércules e o Castro de Baroña. - Lugo:               Praia das Catedrais, Mondoñedo, Piornedo, a Muralla de Lugo, Monforte de Lemos e o Castelo de Pambre. - Ourense:               as Termas de Ourense, Ribadavia, Allariz, Celanova, as Pozas de Melón, Castro Caldelas, Cabeza de Manzaneda e a Ribeira Sacra. - Pontevedra:  ...

Coñecendo Pontevedra (1ºA)

Imaxe
No noso proxecto para coñecer Galicia chegounos o momento de coñecer a nosa cidade, Pontevedra. Para iso, fixemos un libro cos lugares máis emblemáticos e interesantes da Boa Vila. Ademais, este libro vai visitando a todas as familias por quendas, para que podan coñecer as curiosidades sobre a nosa cidade que incluimos no libro.