Visita ao Museo de Pontevedra
O pasado 14 de marzo os nenos e nenas de primeiro fomos coñecer o Museo de Pontevedra e, en xeral, a que nos contaran que é un museo e, sobre todo, a saber que mirar e como.
O primeiro que hai que ter claro é que no museo hai que cumplir unhas normas moi claras, parecidas ás da biblioteca: non podemos correr, non podemos berrar nin falar alto e, sobre todo, non podemos tocar as obras alí expostas. Porque o que hai nos museos son obras, ás veces obras de arte e noutras ocasións restos doutras épocas que serven para coñecer a Historia e entendela.
Vimos diferentes tipos de obras: retablos, que son historias contadas a través de debuxos en diferentes pisos, coma se fose un cómic; esculturas, que son como estatuas (vimos unhas de pedra chulísimas!); retratos, que son pinturas de persoas, ás veces de corpo completo e ás veces son da cara; paisaxes, nos que se pinta un lugar; e mariñas, que son paisaxes nas que se ve algo do mar.
Ademais, puidemos practicar nós mesmos a facer retratos, e cada un deixou volar a súa imaxinación para facer moitos relatos.
Obviamente, dentro do museo non puidemos facer fotos, pero deixámosvos algunha que fixemos todos xuntos na porta antes de entraren (e unha mentres faciamos os retratos).
Así que xa sabedes, papás e mamás! Xa estamos listos para ir a algún museo nas nosas viaxes!
Comentarios
Publicar un comentario