Refráns
Nesta primeira semana de volta tralo Nadal aprendemos o que son os refráns, e coa axuda das nosas familias fixemos unha pequena escolma destes, e quixemos recoller toda esa sabedoría popular nun libro que temos na nosa clase, e ilustrar cada refrán con aquilo que nos suxería. Os refráns escollidos foron os seguintes:
"Galiña vella fai bo caldo""Polo pan, baila o can"
"Outra vaca no millo!"
"Se chove, que chova!"
"Amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale."
"A todo porco lle chega o seu San Martiño."
"Nunca choveu que non escampara."
"O que busca, atopa."
"O que non levan os ladróns, aparece nos rincóns."
"En boca pechada non entran moscas."
"Fai máis o que quere que o que pode."
"Quen a boa árbore arrímase, boa sombra lle garda."
"Ata o corenta de maio non quites o saio."
"En abril, augas mil."
"Vai o mello morrendo e vai aprendendo."
"O que ten cú, ten medo."
"O que garda, sempre ten."
"Marcho que teño que marchar."
"De tal pau, tal acha."
"Can ladrador, pouco mordedor."
Comentarios
Publicar un comentario