Excursión de Fin de Curso - Visita a Paisaxe II

Isto remata! Que rápido pasou este curso! E que mellor maneira de rematar que coa excursión de fin de curso? O día 17 de Xuño os nosos profes leváronnos de excursión ao camping Paisaxe II, en San Vicente do Grove. Levábamos moito tempo agardando por esta excursión, a primeira tan longa que facíamos todos xuntos no cole! Foi un día marabilloso, moi divertido, con moita calor e moita auga, e pasámolo incríble! Un día inesquecible! Cando chegamos, logo dunha longa viaxe en autobús, os nosos monitores, Richi e Iria, que eran súper divertidos, explicáronnos o que íamos facer, e tamén as normas para pasar o día todos xuntos. Primeiro, baixamos á praia, onde xogamos a construir muros por equipos, a imitar animais e a carreiras de relevos. ata rematar, por fin, bañándonos. Que ben o pasamos! Nadamos, tirámonos auga, saltamos, xogamos cos monitores e cos profes... e ata enterramos ao profe Pablo! Despois subimos a comer ao camping, baixo a sombra das árbores, xa que ía moita calor! D...