Facemos magdalenas saudables! (1ºA)
O pasado día 12 de Xuño visitounos a mamá de Zoe, Perla, que é reposteira, para facer con nós unha receita de magdalenas saudables, sen azucre, e que ademais fosen aptas para o noso alumnado con diferentes alerxias. Así pois, fixemos primeiro a mistura completa na clase, paso a paso, para logo distribuila nos distintos moldes, poñelas no forno e finalmente decoralas con crema utilizando unha manga pasteleira. Quedaron riquísimas, sen nada que envexar a outras con moito azucre, e ademais pasámolo estupendamente!
Comentarios
Publicar un comentario