PRIMEIROS DÍAS EN 2º

Xa estamos en 2º ! Este curso comezou cunha sorpresa que prepararon as nosas mascotas Willy e Brix . Decoraron as portas das novas aulas para transmitirnos un pouco de alegría o primeiro día, mesmo nos escribiron unha carta de benvida. Mirade : Este día todo o colexio festexou, con colaboración da ANPA , o VOLTA AO COLE FEST . Decoramos pulseras para a celebración e saímos todos e todas ao patio para desfrutar coa música, cos photocalls e cos xogos. A ANPA regalounos uns vasiños super chulos de recordo! Durante as primeiras semanas as nenas e os nenos de segundo coñeceron aos novos profes e practicaron rutinas e normas. Creamos equipos e nomeámolos, ata debuxamos murais cooperativos para a aula! Ademais, fixemos un pouco de repaso de mates, escritura e lectura . Aproveitamos para ler e dramatizar algúns contiños como Narval y Medu. .. e ata completamos a lectura do libro HOTEL DE ANIMAIS que deu pé ao primeiro proxecto do curso ...adiviñades cal?...