PRIMEIROS DÍAS EN 2º

 Xa estamos en !

Este curso comezou cunha sorpresa que prepararon as nosas mascotas Willy e Brix. Decoraron as portas das novas aulas para transmitirnos un pouco de alegría o primeiro día, mesmo nos escribiron unha carta de benvida. Mirade :

 

Este día todo o colexio festexou, con colaboración da ANPA, o VOLTA AO COLE FEST. Decoramos pulseras para a celebración e saímos todos e todas ao patio para desfrutar coa música, cos photocalls e cos xogos. A ANPA regalounos uns vasiños super chulos de recordo!


Durante as primeiras semanas as nenas e os nenos de segundo coñeceron aos novos profes e practicaron rutinas e normas. Creamos equipos e nomeámolos,  ata debuxamos murais cooperativos para a aula!

 Ademais, fixemos un pouco de repaso de mates, escritura e lectura. Aproveitamos para ler e dramatizar algúns contiños como Narval y Medu... e ata completamos a lectura do libro HOTEL DE ANIMAIS que deu pé ao primeiro proxecto do curso...adiviñades cal? 

 Como vedes, estivemos moi atarefados.Seguiremos informando da nosa aventura por 2º!


 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Refráns

NESTE CURSO NADA É O QUE PARECE…

Visita ao Museo de Pontevedra