Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2026

PROXECTO INVENTOS

Imaxe
Este trimestre imos aprender cousiñas sobre os inventos e contidos de ciencias relacionados como:  as máquinas e os aparellos , os medios de transporte , a materia e a enerxía ...    O alumnado recibiu un código secreto que tivo que descifrar para adiviñar o tema do proxecto, foron moi boas e bos detectives e lograron a resposta sen problema!  Logo duns días, prepararon unhas cartas con información para as familias: Durante estes meses alumnado e familias están a colaborar con investigacións sobre inventos antigos: máquina de escribir, radio, tocadiscos, radiocaset, cámaras de fotos, planchas de ferro, proxector, tornillo de Arquímedes, teléfonos, etc.  Ata se animaron a traer ao cole os aparellos, a exposición vai medrando no corredor!        Aproveitamos para realizar un experimento coa masa e o volume. Tamén construíron máquinas sinxelas co material do laboratorio: SEGUIREMOS INFORMANDO DAS NOVIDADES!