PROXECTO INVENTOS

Este trimestre imos aprender cousiñas sobre os inventos e contidos de ciencias relacionados como: as máquinas e os aparellos, os medios de transporte, a materia e a enerxía... 

 

O alumnado recibiu un código secreto que tivo que descifrar para adiviñar o tema do proxecto, foron moi boas e bos detectives e lograron a resposta sen problema! 

Logo duns días, prepararon unhas cartas con información para as familias:


Durante estes meses alumnado e familias están a colaborar con investigacións sobre inventos antigos: máquina de escribir, radio, tocadiscos, radiocaset, cámaras de fotos, planchas de ferro, proxector, tornillo de Arquímedes, teléfonos, etc. Ata se animaron a traer ao cole os aparellos, a exposición vai medrando no corredor! 


 
 




 
Aproveitamos para realizar un experimento coa masa e o volume. Tamén construíron máquinas sinxelas co material do laboratorio:

SEGUIREMOS INFORMANDO DAS NOVIDADES!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Excursión de Fin de Curso - Visita a Paisaxe II

Visita ao Museo de Pontevedra

PROXECTO: ANIMALIÑOS 🐞🐣🐢🐋