O alumnado de 2º comezamos o curso co tema dos animais . Para despertar a curiosidade, están investigando sobre un animaliño que lles interese. Grazas a todas as familias por colaborar cos traballos 💚 Imos paseniño avanzando no tema, pero sen pausa. Aproveitamos a traballar lecturas e escrituras con animais de protagonistas (cabaliños de mar, cans, morcegos, polbos...) Escribimos frases e pequenos ditados con esta temática... Mesmo estamos a aprender a debuxar algúns: focas, crocodilos... Ademais os libriños de lectura nos axudan a continuar inmersos neste tema: O hotel de animais co que coñecimos ás xoaniñas Pepiña e Olivia, e Sherlock Tópez! En plástica aproveitamos a crear as nosas xoaniñas como as do conto, cabaliños de mar e tamén morcegos para Samaín! Aquí vos deixamos algunhas ligazóns que vos poden servir para repasar o dado: As funcións vitais Vertebrado ou invertebrado? Os animais vertebrados Vertebrados e inv...
Este curso festexaremos o Samaín acompañado dun rico Magosto cheo de castañas! Para prepararnos, leremos información do Samaín , mirade que interesante: PREME AQUÍ PARA LER Ademais, aprenderemos esta cantiga en LSE signada pola intérprete do colexio, Carolina . Aproveitaremos para ler, pero tamén para escribir ! Que vos parece describir bruxas piruxas ? Pode que ata coñezamos a unha pantasmiña moi especial ... nuns días veremos os resultados. Xunto a todo isto, tamén falamos do outono e os animaliños como o esquío Antío , as andoriñas... Como estamos co tema dos animais, deixámosvos por aquí información dun becho moi típico do Samaín, descobre cal: PREME PARA LER 🦇 Para darlle máis ritmo a esta estación, aprendemos poemas como o de Antonio García Teijeiro. Recitámolo a ata nos animamos a escribilo e decoralo. O outono xa chegou e no Vilaverde quedou. Co Samaín veu da man para facernos desfrutar aprender e festexar! ...
Da man de ANEDIA (Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia) puidemos desfrutar dun xenial contacontos realizado por Raquel Queizás . Coma sempre que a escoitamos, encantounos! Ademais de rir e pasar un bo rato sendo detectives, aprendemos cousiñas moi importantes sobre a diabete e o día a día con ela. Grazas Raquel Queizás pola maneira bonita de contar historias e facer máis doado de entender o mundo da diabetes! 💙
Comentarios
Publicar un comentario