CARA ONDE HAI QUE IR?

 Hoxe o profe peparounos un xogo algo diferente. Chamoulle algo así como "itinerarios", e resulta que o que tiñamos que facer era ler unhas instruccións de por onde ir, dentro e fóra do cole, para chegar a certos sitios, nos que había unha pregunta que tiñamos que responder nun papel. Xogamos por equipos, e o equipo que antes contestase a todas as preguntas de maneira correcta gañaba.

A verdade é que foi bastante difícil e algúns perdéronse, xa que entre os nervios dunha actividade nova, de querer ganar e algo que todavía non controlamos moito como dereita e esquerda... pode que non saíse de todo ben, pero o pasamos ben, traballamos en equipo e xa empezamos a orientarnos un pouco mellor no espazo.








Comentarios

Publicacións populares deste blog

NESTE CURSO NADA É O QUE PARECE…

APRENDEMOS OS MESES DO ANO

Refráns