UN NADAL ABSTRACTO (1ºB)

No cole este ano presentáronnos a unha pintora pontevedresa, chamada Nuria Argibay, que fai o que se chama "arte abstracta". Esta palabra parece ser que quere dicir algo como que as cousas que se debuxan ou se constrúen non teñen que ter a forma da cousa real que representan, se non que xogando coas cores, as formas ou as texturas o que vemos ten que facer que esa idea apareza na nosa cabeza. "Evocar", lle chaman, outra palabra nova. A cousa é que esta pintora ensinounos unha técnica que consistía no seguinte: nun anaco de tea botamos pintura de diferentes cores, como facendo manchas, e a doblamos facendo unha bola para deixala secar. Ao abrilas, as pinturas mesturáronse e quedaron manchas con distintas formas, e ao observalas tiñamos que tratar de atopar nelas algunha realidade, a poder ser de Nadal. Nalgúns casos pódese engadir algún pequeno detalle cun perfilador para acabar de darlle forma. Non en todos os casos fomos quen de ver algo de Nadal, e nalgúns houbo que estrugar ben os miolos para atopar unha imaxe, pero puxemos a imaxinación a xogar a tope. Estes son os resultados que obtivemos:


Aquí atopamos unha árbore de nadal


Nesta tela atopamon un anxo


Aquí observamos unha campá


Aquí observamos unhas campás de nadal


Observamos un anxo anunciando cunha trompeta que chegou o nadal


Un reno de nadal


Unha campá de nadal


Un boneco de neve


Un trineo

Un bastón de azúcar e un dromedario


Un reno cun corazón.


Un elfo cun bastón de azúcar


Mariposas celebrando que chegou o nadal


Un cisne

Bonecos de neve 


Anxo de nadal


Bastón de azúcar e estrela de  nadal 


Reno con corazóns


Un señor avisando de que chegou o nadal cunha campá


Árbore de nadal


Un dromedario 


Unha muller vestida de nadal 


Unha árbore de nadal


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NESTE CURSO NADA É O QUE PARECE…

APRENDEMOS OS MESES DO ANO

AS TRASNADAS DE ANTÍO POLO MAGOSTO