Un vestido moi especial

 Como xa sabedes, en Proxecto Competencial estamos coñecendo Galicia en profundidade, e ao falar sobre a música e o baile miramos os vestidos tradicionais que se utilizan en Baile Galego. Así foi que unha compañeira contounos que ela tiña un, e que podía traelo e ensinárnolo, e hoxe foi o día. 

Amosounos o seu traxe completo (aínda que non o puxo, xa que leva moito tempo), traendo na parte superior o Mantón, o Dengue e a camisa, e na parte inferior a saia, o mandil e os pololos. 

Isto foi moi útil, xa que nunca é o mesmo mirar as cousas nunha pantalla que poder velas en persoa. Grazas, compi!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

NESTE CURSO NADA É O QUE PARECE…

APRENDEMOS OS MESES DO ANO

Refráns