Rematamos o trimestre en familia
Na última semana do trimestre os nosos profes invitaron ás nosas familias a vir ao cole a facer algunha actividade connosco, de xeito que puidesen vernos no cole e participar no noso día a día, e gozar xuntos. Fixemos tres obradoiros diferentes: no primeiro, fixemos cun papel termocontraible uns chaveiros, para o que utilizamos o forno do cole. Faciamos un debuxo no papel, e logo mirabamos como encollía, tendo coidado de non tocalo porque queimaba! Foi moi emocionante ver como se convertía no noso novo chaveiro!
No segundo obradoiro fixemos unha árbore de nadal coas nosas mans, enchéndoas de pintura e utilizándoas para darlle a forma que buscabamos. Á súa vez, na clase preparamos un aderezo para a árbore da nosa casa. Pasámolo xenial facendo esta actividade, sobre todo polo que nos encanta mancharnos!
Queremos rematar agradecendo ás familias que acudiran a pasar tempo connosco ao cole, que se implicasen tanto e que nolo fixeran pasar tan ben. Agardamos que eles e elas tamén o pasaran moi ben e que se animen a repetir cando se volva a ofrecer a posibilidade de vir. Todo o que fagamos xuntos, mellor estará!
Comentarios
Publicar un comentario