DESPEDIDA DE IRIA E VISITA DA NOVA INTÉRPRETE
Este curso tivemos que despedir á que foi durante dous cursos a nosa intérprete de Lingua de Signos: IRIA. Veu facernos unha última visita e deunos unha chea de agarimos de despedida.
Tocou dar a benvida a CAROLINA, nova intérprete do colexio. Estivo unha sesión con cada clase de 2º lembrando palabras e frases sinxelas. Tamén repasamos o abecedario dactilolóxico e cómo dicir o noso nome. Aquí vos deixamos para que practiquedes na casa:
Cun libro dos Bolechas foinos contando curiosidades importantes sobre as persoas xordas e a LSE. Ao final agasallounos cunha pegatina co abecedario dactilolóxico que pegamos nas axendas noviñas!
GRAZAS POR VIR A 2º!
Comentarios
Publicar un comentario