PREPARAMOS O MAGOSTO 🍁 E O SAMAÍN 👻
Este curso festexaremos o Samaín acompañado dun rico Magosto cheo de castañas! Para prepararnos, leremos información do Samaín, mirade que interesante:
Ademais, aprenderemos esta cantiga en LSE signada pola intérprete do colexio, Carolina.
Aproveitaremos para ler, pero tamén para escribir! Que vos parece describir bruxas piruxas? Pode que ata coñezamos a unha pantasmiña moi especial... nuns días veremos os resultados.
Xunto a todo isto, tamén falamos do outono e os animaliños como o esquío Antío, as andoriñas... Como estamos co tema dos animais, deixámosvos por aquí información dun becho moi típico do Samaín, descobre cal:
Para darlle máis ritmo a esta estación, aprendemos poemas como o de Antonio García Teijeiro. Recitámolo a ata nos animamos a escribilo e decoralo.

Comentarios
Publicar un comentario