14 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL DA DIABETES
Hoxe, 14 de novembro, é o día mundial da diabetes. Para conmemoralo, xuntámonos as clases de 2º para repasar algunhas cousiñas: en que consiste a diabetes tipo 1, alimentos que é máis recomendable comer, coidados que temos que seguir cando se fai deporte, cando estamos na clase... Érik animouse a contar tamén algunha anécdota persoal.
Falamos da importancia de axudar e avisar aos mestres en certas situacións.
Logo, cada equipo recibiu unha persoa deportista, cantante... con diabetes tipo 1. Leron sobre ela e saíron explicalo aos compañeiros e compañeiras. Comprobaron que todos e todas loitaron polos seus soños, que a diabetes foi un reto máis a superar e, con axuda dos médicos e das persoas do redor, é moito máis doado convivir con ela. 💙💙
A última hora, o noso compañeiro Érik repartiu unhas pegatinas que nos deixou Anedia por medio da teacher Maria Jesús.
💙💙

Comentarios
Publicar un comentario