O GANAPÁN

Este xoves visitamos o mercado de Pontevedra, onde descubrimos unha chea de postos con alimentos frescos da contorna.

A nosa monitora Uxía explicounos unha chea de cousas dos diferentes postos:

🐔Na carnicería vimos os tipos de carne, falamos das partes do porco e do uso do unto. Tamén da salgadura como medio para conservar os alimentos.

🐟Na zona do peixe os tendeiros e as tendeiras contáronnos moita información, ata nos deron un susto cun congrio! Aprendemos a diferenciar as centolas macho e as femias, o peixe branco e o azul, recoñecer pola cor das agallas se un peixe é fresco ou non, a diferencia entre berberechos e ameixas, observamos peixes como o peixe espada, o escacho, o escarapote ou a  cabra... había un montón!



🍎Na froitería vimos tipos de froitas e na floristería algunhas flores.

Logo, visitamos o obradoiro do Ganapán, onde fixemos un concurso de preguntas.

Xa por último, tivemos un tempiño para a merenda e tempo xuntos con vistas á ría.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Visita ao Museo de Pontevedra

Excursión de Fin de Curso - Visita a Paisaxe II

Refráns