PREPARAMOS O NADAL EN 2º!
E por fin o Nadal que é o mes final
esta panxoliña o ano acabar
na fin de decembro volve comezar!
Este é o retrouso da panxoliña que estivemos ensaiando estas semanas as clases de 2º. Hoxe fomos cantarlla a 1º, eles e elas tamén nos cantaron a súa!
Coa panxoliña elaboramos de forma conxunta, as dúas clases de A e B, esta nota musical na que aparece: o título, o retrouso, o nome do grupo musical e uns debuxiños que engadimos. Ao rematala fomos colocala no recuncho do galego. Ademais, cada nena e neno creou a súa nota musical propia! Mirade algunhas fotiños:
Aproveitamos estes días de decembro para ler e escribir un pouquiño sobre a maxia do Nadal. Limos sobre os trubincos, uns elfos moi trastes da cultura galega. Nos cadernos describimos un e logo fixémolos en papel, mirade:
Escribimos sobre un AGASALLO FANTÁSTICO, inventando cal podería ser un bo agasallo, saíron ideas moi divertidas!
Tamén rematamos as portadas do trimestre con aves de inverno, decoramos os corredores e as portas de Nadal:
Agora só queda desfrutar da visita do apalpador e do combo musical, papar moita rosca e chocolate quentiño! 🎄🎁☕


.jpg)




.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario