CONCURSO CANTANDO COAS MANS E XORNADA DE CONVIVENCIA CON AMENCER

Este curso volvemos participar con moita ilusión no concurso CANTANDO COAS MANS. A canción elixida é "VEN COMIGO" de María Fumasa.

As clases de 2º estamos a ensaiar coa axuda dos signos que grabou Carolina, a  intérprete de LSE do noso colexio.

Ademais, imos vivenciar a mensaxe da canción sobre a importancia da inclusión. Para iso, realizaremos unha xornada de convivencia coas nenas e os nenos de Amencer. A semana pasada chegou unha caixa sorpresa que xa nos deu pistas sobre as actividades que imos realizar. Agora só queda organizarnos e desfrutar xuntos 💜💛💚💙💓

 




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Excursión de Fin de Curso - Visita a Paisaxe II

Visita ao Museo de Pontevedra

PROXECTO: ANIMALIÑOS 🐞🐣🐢🐋