DÍA DA PAZ
O 30 de xaneiro celebramos todo o colexio o DÍA DA PAZ.
As clases de 2º xuntámonos para ver o vídeo "Ser niño en la guerra de Ucrania". Logo, por grupos, recibiron un sobre con diversas preguntas sobre o vídeo. Os equipos foron compartindo en alto as súas respostas e reflexionamos entre todos sobre o vídeo.
Despois, chegou o momento de pensar e escribir mensaxes de ánimo para as nenas e os nenos que o están a pasar mal en lugares de guerra ou conflito. Coas mensaxes creamos corazóns decorados e gravamos as frases en audio. Cinco deles, utilizámolos para decorar a entrada do colexio cunha gran carta con mensaxes de esperanza.

Comentarios
Publicar un comentario