PREPARANDO O ENTROIDO 🎸
Este curso o tema do Entroido no Vilaverde é a música, así que por 2º puxémonos mans á obra co noso disfraz! Iremos de rockeiros e rockeiras!!! 🎸😎🎼
Primeiro, informámonos un pouco sobre o tema, limos sobre guitarras eléctricas e escoitamos varios grupos de rock na clase.
Logo, empezamos a preparar as nosas guitarras eléctricas con cartón, pintura e moita creatividade! Aquí deixamos algún avance do traballo:
Ademais estamos a ensaiar a nosa coreografía ao son da canción de Queen. Aquí tedes o vídeo para practicar:
E no entroido do Vilaverde non pode faltar o querido galo Vilaverdiño! Axudamos a poñelo guapo facendo plumas de cores. Fomos colocarllas e facerlle unha visita, descubrimos que vai tamén de rockeiro! Imos ter que deixarlle unha guitarra das nosas😉


Comentarios
Publicar un comentario