Publicacións

CONCURSO DA FROITA, AGORA EN LSE 🍓

Imaxe
 O alumnado de 2º leva xa varios meses realizando o CONCURSO DA FROITA na hora do almorzo. 🍌🍓🍊🍎🍐🍏🍒 Imos rexistrando nun gráfico a froita gañadora de cada día. A partir deste mes imos complicalo un pouco e intentar signar as froitas en LSE. Aquí vos deixamos para practicar:    

REPASA E PRACTICA AS CIENCIAS!

Deixámosvos aquí algunhas actividades interacivas para repasar o que aprendemos durante o tema dos inventos. Preme en cada un para practicar:  A materia Estados da materia 1  Estados da materia  2 Os materiais  Medios de transporte 1  Vídeo con vocabulario en galego de medios de transporte   

PREPARANDO O ENTROIDO 🎸

Imaxe
Este curso o tema do Entroido no Vilaverde é a música ,  así que por 2º puxémonos mans á obra co noso disfraz! Iremos de rockeiros e rockeiras !!! 🎸😎🎼 Primeiro, informámonos un pouco sobre o tema, limos sobre guitarras eléctricas e escoitamos varios grupos de rock na clase. Logo, empezamos a preparar as nosas guitarras eléctricas con cartón, pintura e moita creatividade! Aquí deixamos algún avance do traballo:  Ademais estamos a ensaiar a nosa coreografía ao son da canción de Queen. Aquí tedes o vídeo para practicar:   E no entroido do Vilaverde non pode faltar o querido galo Vilaverdiño!  Axudamos a poñelo guapo facendo plumas de cores. Fomos colocarllas e facerlle unha visita, descubrimos que vai tamén de rockeiro! Imos ter que deixarlle unha guitarra das nosas😉    

CONCURSO CANTANDO COAS MANS E XORNADA DE CONVIVENCIA CON AMENCER

Imaxe
Este curso volvemos participar con moita ilusión no concurso CANTANDO COAS MAN S . A canción elixida é "VEN COMIGO" de María Fumasa. As clases de 2º estamos a ensaiar coa axuda dos signos que grabou Carolina, a  intérprete de LSE do noso colexio. Ademais, imos vivenciar a mensaxe da canción sobre a importancia da inclusión. Para iso, realizaremos unha xornada de convivencia coas nenas e os nenos de Amencer. A semana pasada chegou unha caixa sorpresa que xa nos deu pistas sobre as actividades que imos realizar. Agora só queda organizarnos e desfrutar xuntos 💜💛💚💙💓  

DÍA DA MULLER E NENA NA CIENCIA + OBRADOIRO CIENTÍFICO

Imaxe
 Aproveitando que en febreiro se conmemora o día da muller e da nena na ciencia , as clases de 2º estivemos a ler sobre diferentes científicas importantes: Marie Curie, Rosalind Franklin, Elena García Armada, Ángeles Alvariño...  Ademais, tivemos a sorte de contar coa visita dunha científica da univerdidade de Vigo. Con ela realizamos un obradoiro de pompas de xabón. As nenas e os nenos tiveron que realizar unha serie de actividades para axudar á científica Jean Ellen Taylor. Aprenderon moito repasando as figuras xeométricas, observando o comportamento da auga e o xabón... GUSTOUNOS MOITO!

SAÍDA AO TEATRO: A GALIÑA AZUL

Imaxe
O alumnado de 2º saíu ao teatro para asisir a unha obra teatral con títeres: A GALIÑA AZUL.   Unha mañá diferente fóra do colexio na que desfrutamos coa historia dunha galiña diferente ás demais, azul e que poñía ovos de cores! 🐔  

DÍA DA PAZ

Imaxe
O 30 de xaneiro celebramos todo o colexio o DÍA DA PAZ. As clases de 2º xuntámonos para ver o vídeo "Ser niño en la guerra de Ucrania". Logo, por grupos, recibiron un sobre con diversas preguntas sobre o vídeo. Os equipos foron compartindo en alto as súas respostas e reflexionamos entre todos sobre o vídeo. Despois, chegou o momento de pensar e escribir mensaxes de ánimo  para as nenas e os nenos que o están a pasar mal en lugares de guerra ou conflito. Coas mensaxes creamos corazóns decorados e gravamos as frases en audio. Cinco deles, utilizámolos para decorar a entrada do colexio cunha gran carta con mensaxes de esperanza.