Día Mundial da Diabetes
Co gallo do Día Mundial da Diabetes (14 de novembro) traballamos este trastorno metabólico cos nosos nenos e nenas, tendo ademais en conta a presenza dun compañeiro diabético no curso. Así pois, vimos diferentes vídeos sobre o tema, coma por exemplo o caso de Nacho, ex xogador do Real Madrid e da Selección Española; limos o conto sobre a diabetes dos Bolechas, así como fixemos tamén o caderno de actividades que teñen; e o noso compañeiro contou aos demais a súa experiencia. Grazas a todo isto comprendimos, coñecimos e visibilizamos unha afección que presentan máis de 4 millóns de persoas no planeta, e que, se ben incomoda a vida dos que a padecen, permite levar unha vida normal e plena.
Comentarios
Publicar un comentario