Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2024

UN NADAL ABSTRACTO (1ºB)

Imaxe
No cole este ano presentáronnos a unha pintora pontevedresa, chamada Nuria Argibay, que fai o que se chama "arte abstracta". Esta palabra parece ser que quere dicir algo como que as cousas que se debuxan ou se constrúen non teñen que ter a forma da cousa real que representan, se non que xogando coas cores, as formas ou as texturas o que vemos ten que facer que esa idea apareza na nosa cabeza. "Evocar", lle chaman, outra palabra nova. A cousa é que esta pintora ensinounos unha técnica que consistía no seguinte: nun anaco de tea botamos pintura de diferentes cores, como facendo manchas, e a doblamos facendo unha bola para deixala secar. Ao abrilas, as pinturas mesturáronse e quedaron manchas con distintas formas, e ao observalas tiñamos que tratar de atopar nelas algunha realidade, a poder ser de Nadal. Nalgúns casos pódese engadir algún pequeno detalle cun perfilador para acabar de darlle forma. Non en todos os casos fomos quen de ver algo de Nadal, e nalgúns houbo q...

HÁBITOS SAUDABLES

Imaxe
 Nas clases de primeiro, no marco das Ciencias Naturais, falamos dos hábitos saudables, que son as accións que podemos levar a cabo no noso día a día, ou con frecuencia, para ter unha vida sana, tanto no noso corpo como na nosa mente, así como tamén mellorar a vida en sociedade. Aproveitando este traballo, fixemos uns carteis para poñer por todo o colexio, e tratar de concienciar tanto aos nosos compañeiros como aos nosos profesores (e aos pais e nais que veñan de visita) da importancia de cumplir con estes hábitos. Os que eliximos son os seguintes: - Beber abundante auga. - Coidar o planeta. - Durmir. - Facer exercicio físico. - Lavar as mans. - Limitar o uso de pantallas. - Reducir a contaminación acústica. - Ter boa postura. - Ter unha dieta equilibrada. - Xogar. - Lavar os dentes. - Ler.

UN NADAL ABSTRACTO (1ºA)

Imaxe
 No cole este ano presentáronnos a unha pintora pontevedresa, chamada Nuria Argibay, que fai o que se chama "arte abstracta". Esta palabra parece ser que quere dicir algo como que as cousas que se debuxan ou se constrúen non teñen que ter a forma da cousa real que representan, se non que xogando coas cores, as formas ou as texturas o que vemos ten que facer que esa idea apareza na nosa cabeza. "Evocar", lle chaman, outra palabra nova. A cousa é que esta pintora ensinounos unha técnica que consistía no seguinte: nun anaco de tea botamos pintura de diferentes cores, como facendo manchas, e a doblamos facendo unha bola para deixala secar. Ao abrilas, as pinturas mesturáronse e quedaron manchas con distintas formas, e ao observalas tiñamos que tratar de atopar nelas algunha realidade, a poder ser de Nadal. Nalgúns casos pódese engadir algún pequeno detalle cun perfilador para acabar de darlle forma. Non en todos os casos fomos quen de ver algo de Nadal, e nalgúns houbo ...