UN NADAL ABSTRACTO (1ºA)
No cole este ano presentáronnos a unha pintora pontevedresa, chamada Nuria Argibay, que fai o que se chama "arte abstracta". Esta palabra parece ser que quere dicir algo como que as cousas que se debuxan ou se constrúen non teñen que ter a forma da cousa real que representan, se non que xogando coas cores, as formas ou as texturas o que vemos ten que facer que esa idea apareza na nosa cabeza. "Evocar", lle chaman, outra palabra nova. A cousa é que esta pintora ensinounos unha técnica que consistía no seguinte: nun anaco de tea botamos pintura de diferentes cores, como facendo manchas, e a doblamos facendo unha bola para deixala secar. Ao abrilas, as pinturas mesturáronse e quedaron manchas con distintas formas, e ao observalas tiñamos que tratar de atopar nelas algunha realidade, a poder ser de Nadal. Nalgúns casos pódese engadir algún pequeno detalle cun perfilador para acabar de darlle forma. Non en todos os casos fomos quen de ver algo de Nadal, e nalgúns houbo que estrugar ben os miolos para atopar unha imaxe, pero puxemos a imaxinación a xogar a tope. Estes son os resultados que obtivemos:
Aquí, logo de pensar bastante, vimos dúas persoas bicándose, na parte superior teñen as caras; e na parte central están a entregarse os corazóns, en sinal de amor.
Este foi dos que máis nos custou, á vez que un dos que máis debate xerou. Vimos o incendio dun bosque, un atardecer, un volcán, algunha estrela...
Neste caso vimos un rinoceronte moi de Nadal, co seu corno amarelo e azul na parte superior dereita.
Esta foi outra das máis debatidas. Entre moitas formas pequenas e diferentes, no todo acabamos por ver un Rei Mago (vermello) a lombos do seu camelo, que ten a cabeza na esquerda, tamén vermella.
Aquí, aínda que non ten que ver co Nadal, fumos moi pontevedreses e vimos, na parte esquerda de abaixo, ao Loro Ravachol, co corpo vermello e a cola azul.
Nesta vimos moitas cousas, desde un escarabello ata unha nena cos cabelos vermellos. Ao final, quedamos con outro boneco de neve.
















Comentarios
Publicar un comentario