25 DE NOVEMBRO
Para conmemorar o 25 de novembro "Día da non violencia de xénero" descubrimos unha historia moi especial da man da protagonista do conto SON SÓ MIÑA . Tivemos a sorte de ter o conto en galego e de poder ir vendo a evolución dos personaxes. Despois da lectura, reflexionamos sobre a mensaxe e pensamos naquelas cousas que non estaban ben, ideas machistas e estereotipadas cara ás mulleres. Coas frases que temos que rexeitar, cada equipo fcreou unha RED FLAG . Tamén cantamos e signamos con todo o colexio esta canción: Ademais, as familias colaboraron neste día tan importante coa decoración da entrada e un concurso de carteis para o 25N! 💜💜