PREPARAMOS O NADAL EN 2º!
E por fin o Nadal que é o mes final esta panxoliña o ano acabar na fin de decembro volve comezar! Este é o retrouso da panxoliña que estivemos ensaiando estas semanas as clases de 2º. Hoxe fomos cantarlla a 1º, eles e elas tamén nos cantaron a súa! Coa panxoliña elaboramos de forma conxunta, as dúas clases de A e B, esta nota musical na que aparece: o título , o retrouso , o nome do grupo musical e uns debuxiños que engadimos. Ao rematala fomos colocala no recuncho do galego. Ademais, cada nena e neno creou a súa nota musical propia! Mirade algunhas fotiños: Aproveitamos estes días de decembro para ler e escribir un pouquiño sobre a maxia do Nadal. Limos sobre os trubincos , uns elfos moi trastes da cultura galega. Nos cadernos describimos un e logo fixémolos en papel , mirade: Escribimos sobre un AGASALLO FANTÁSTICO , inventando cal podería ser un bo agasallo, saíron ideas moi divertidas! Tamén rematamos as portadas do trimestre con aves de inverno, decoramos os corredore s e...