SAÍDA AO CAFÉ MODERNO: COMEDY WILDLIFE
Fai unhas semanas visitamos unha exposición chamada COMEDY WILDLIFE. Nela desfrutamos con fotografías moi divertidas de diferentes animais, á vez reflexionamos sobre a importancia de coidar o medio natural, de usar enerxías renovables e a reciclaxe.
Logo da exposición, fixemos un pequeno obradoiro onde creamos xabóns naturais sen envases de plástico, co fin de contaminar moito menos.
Pasámolo moi ben e aprendemos moito!


Comentarios
Publicar un comentario