POSTAIS DE NADAL 📭✉🎁
Xa están listas e entregadas as postais de Nadal!
🎄Este curso a pintora homenaxeada foi Lúa Gándara. Limos e comentamos a súa biografía e algunhas das súas obras, todas cheas de cores e símbolos. A partir delas creamos con cartolina, témperas e rotuladores máxicos as nosas postais, seguindo o estilo da artista.
Tamén lle puxemos título aos nosos deseños:
🎄Logo, vimos que partes teñen as postais: saúdo, mensaxe, despedida e sinatura. Escribimos un borrador no caderno, o pasamos a limpor e o decoramos:🎄Despois, preparamos os sobres coa direción das familias. Aprendemos que poñer no remite e no remitente, tamén onde se coloca o selo.🎄A parte final foi ir entregar a postal a Correos para que chege ás familias. QUE NERVIOS? CANDO CHEGARÁN? Seguro que lle gustan moito!

.jpg)


Comentarios
Publicar un comentario