Publicacións

Refráns

Imaxe
 Nesta primeira semana de volta tralo Nadal aprendemos o que son os refráns, e coa axuda das nosas familias fixemos unha pequena escolma destes, e quixemos recoller toda esa sabedoría popular nun libro que temos na nosa clase, e ilustrar cada refrán con aquilo que nos suxería. Os refráns escollidos foron os seguintes: "Galiña vella fai bo caldo" "Polo pan, baila o can" "Outra vaca no millo!" "Se chove, que chova!" "Amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale." "A todo porco lle chega o seu San Martiño." "Nunca choveu que non escampara." "O que busca, atopa." "O que non levan os ladróns, aparece nos rincóns." "En boca pechada non entran moscas." "Fai máis o que quere que o que pode." "Quen a boa árbore arrímase, boa sombra lle garda." "Ata o corenta de maio non quites o saio." "En abril, augas mil." "Vai o mello morrendo e vai aprendendo." ...

Rematamos o trimestre en familia

Imaxe
Na última semana do trimestre os nosos profes invitaron ás nosas familias a vir ao cole a facer algunha actividade connosco, de xeito que puidesen vernos no cole e participar no noso día a día, e gozar xuntos. Fixemos tres obradoiros diferentes: no primeiro, fixemos cun papel termocontraible uns chaveiros, para o que utilizamos o forno do cole. Faciamos un debuxo no papel, e logo mirabamos como encollía, tendo coidado de non tocalo porque queimaba! Foi moi emocionante ver como se convertía no noso novo chaveiro! No segundo obradoiro fixemos unha árbore de nadal coas nosas mans, enchéndoas de pintura e utilizándoas para darlle a forma que buscabamos. Á súa vez, na clase preparamos un aderezo para a árbore da nosa casa. Pasámolo xenial facendo esta actividade, sobre todo polo que nos encanta mancharnos! Por último, no derradeiro obradoiro, fixemos unhas postais de Nadal, baseándonos nuns diseños que trouxeron as mamás que o levaron a cabo. Gozamos moito pintando coas acuarelas e facendo ...

UN NADAL ABSTRACTO (1ºB)

Imaxe
No cole este ano presentáronnos a unha pintora pontevedresa, chamada Nuria Argibay, que fai o que se chama "arte abstracta". Esta palabra parece ser que quere dicir algo como que as cousas que se debuxan ou se constrúen non teñen que ter a forma da cousa real que representan, se non que xogando coas cores, as formas ou as texturas o que vemos ten que facer que esa idea apareza na nosa cabeza. "Evocar", lle chaman, outra palabra nova. A cousa é que esta pintora ensinounos unha técnica que consistía no seguinte: nun anaco de tea botamos pintura de diferentes cores, como facendo manchas, e a doblamos facendo unha bola para deixala secar. Ao abrilas, as pinturas mesturáronse e quedaron manchas con distintas formas, e ao observalas tiñamos que tratar de atopar nelas algunha realidade, a poder ser de Nadal. Nalgúns casos pódese engadir algún pequeno detalle cun perfilador para acabar de darlle forma. Non en todos os casos fomos quen de ver algo de Nadal, e nalgúns houbo q...